Ramón Otero Pedrayo, xunto con Vicente Risco e Florentino López Cuevillas, todos eles pertencentes á xeración Nós, consolidou e anovou a prosa en lingua galega.Esta biografía, ademais do perfil humano do protagonista, aborda a súa trascendencia no ámbito da cultura galega, así como a súa vinculación política coma deputado nas Cortes polo Partido Galeguista. Tamén se reflicte o seu labor nas Irmandades da Fala, no Seminario de Estudos Galegos e na editorial Galaxia, e a súa contribución ao ensino coma docente no Instituto de Ourense ou na Universidade de Santiago de Compostela. Amais inclúense unhas breves notas sobre a súa extensa obra, que ten en "Arredor de si" un dos mellores exemplos da nosa literatura de todos os tempos.
Nota: Paperestan no se hace responsable de ningún error tipográfico en las especificaciones ofrecidas por el fabricante.