Conversas con alfredo conde


265140, 2009-05-01

Autor: Caño, Xose Manuel

Editorial: IR INDO

Año: 2009







Referencia: 9788476806401

Precio: 19,00€

x     


Alfredo Conde foi un político discutido e discutible, contra o que lanzaron dardos envelenados por concorrer e gañar o premio Nadal con Los otros días, en versión castelá, despois de ser titular da Consellería de Cultura e de lograr o primeiro e único Premio Nacional de Literatura que permanece no haber das letras galegas, con O griffón. Masacrárono pola debilidade que mostrou ó entrevistar a Fidel Castro, cando era membro do goberno tripartito que presidía Fernando González Laxe. E conducírono á fogueira do desprestixio máis demoledor que pode sufrir un personaxe público, cando o diario El País publicou a catro columnas a frase: "¿Qué hace un intelectual de izquierdas de maletero de Fraga?", atribuída a Alfonso Guerra. Por todos estes acontecementos, Alfredo Conde considera que foi xulgado, sentenciado e condenado, no eido da función pública, sobre o que ofrece sorprendentes revelacións. Pero do que xa non cabe dúbida, é de que durante toda a xeira de paixón non deixou de traballar, coma un dos colosos das letras galegas. Alfredo Conde é un dos principais autores da literatura galega, que continúa facendo achegas fundamentais.


Nota: Paperestan no se hace responsable de ningún error tipográfico en las especificaciones ofrecidas por el fabricante.