Contos de Santos e Nadal


35160, 2008-10-29

Autor: Otero Pedrayo, Ramón

Editorial: GALAXIA

Año: 2008







Referencia: 9788482886091

Precio: 16,30€

x     


Estes contos, publicados en 1932, salientan pola capacidade do autor para combinar de maneira maxistral a imaxinación creadora cunha técnica case cinematográfica para recrear ambientes, poñendo ante o lector todo un espírito, un tempo e unha forma de vivir xa esvaecida. O libro inclúe O fidalgo, unha das mellores mostras da narrativa breve galega e quizais o conto máis fermoso do autor. Marcado pola acción e o movemento, este conto é un exemplo da celeridade que pode acadar o discurso narrativo. Nel, como no resto do libro, Otero traza personaxes con penetración, evocando os ambientes dun xeito vívido, ao tempo que amosa un aire europeo e moderno que lle dá extraordinario poder de suxestión á súa narrativa.


Nota: Paperestan no se hace responsable de ningún error tipográfico en las especificaciones ofrecidas por el fabricante.