Chaves da economía pública galega


35273, 2006-09-21, ENSAYOS

Autor: Varios autores

Editorial: GALAXIA

Año: 2006







Referencia: 9788482889269

Precio: 19,80€

x     


Xaquín Alvarez Corbacho, doutor en Ciencias Económicas e conselleiro do Consello de Contas de Galicia, e Albino Prada Blanco, doutor en Economía, coordinan un grupo de especialistas formado por Alberto Gago Rodríguez, catedrático de Facenda Pública da Universidade de Vigo, Xavier Labandeira Villot e Santiago Lago Peñas, membros do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e Manuel Lago Peñas, que foi responsable do gabinete técnico de CCOO de Galicia. Os autores de Chaves da economía pública galega centran a súa atención nos aspectos fundamentais da utilización dos recursos públicos. O lector atopará neste libro propostas, obxectivos e medidas para a Galicia do século XXI. Unha reflexión rigorosa e profunda sobre as prioridades que debe ter en conta a administración galega en función dos intereses e das necesidades do país en sanidade, investigación, infraestruturas e desenvolvemento.


Nota: Paperestan no se hace responsable de ningún error tipográfico en las especificaciones ofrecidas por el fabricante.