Esta guía de Javier Moreiras Menor, ilustrada con fotos e debuxos explicativos, ofrece unha sinxela e amena iniciación ó estudio da natureza, baseada en experiencias prácticas. Preséntase información sobre os cogomelos, árbores, anfibios, réptiles, aves e mamíferos de Galicia. Redactada nunha linguaxe clara, coloquial, evitando no posible os termos científicos, esta guía diríxese sobre todo ós naturalistas novos, ós que facilita consellos útiles e técnicas de observación. Constituíndo un elemento máis para o longo proceso de educación ambiental, esta Guía de iniciación á natureza pretende contribuír ó coñecemento, ó respecto e á defensa da maltreita natureza que nos arrodea e sustenta.
Nota: Paperestan no se hace responsable de ningún error tipográfico en las especificaciones ofrecidas por el fabricante.