Xornalistas con opinión. 20 biografías


35844, 2008-01-24, ENSAYOS

Autor: Varios autores

Editorial: GALAXIA

Año: 2008







Referencia: 9788482888071

Precio: 24,20€

x     


Información e noticia de xornalistas: homes e mulleres que, dende a opinión e a información, participaron na construción da Galicia moderna. Olladas complementarias. Dende o primeiro deles, Manuel Pardo de Andrade (1760-1832) a Alvaro Cunqueiro (1911-1981).O xornalismo é un dos discursos que constrúen a historia das colectividades. Na conformación política e social da Galicia moderna, o xornalismo e os xornalistas (homes e mulleres) aparecen coma un elemento activo de enorme significación, espello das ansias e das frustracións colectivas, crónica de entusiasmos e traballos, esperanzas e rexurdimentos. Velaquí vinte estampas ou ensaios que por primeira vez nos permiten ordenar o discurso dunha profesión rica, apaixonante, na que se reflicten as grandezas e as miserias do país.Un equipo de especialistas, coordinados pola Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, abordan o estudo de vinte personalidades do xornalismo galego, dende Manuel Pardo de Andrade, director do primeiro xornal moderno, Diario de La Coruña (1808), ata os máis contemporáneos: Víctor Casas, Wenceslao Fernández Flórez, Sofía Casanova, Luís Seoane, Julio Camba, Concepción Arenal, Johán Carballeira, Antón Villar Ponte, Anxel Fole, Ben-Cho-Shey...


Nota: Paperestan no se hace responsable de ningún error tipográfico en las especificaciones ofrecidas por el fabricante.