Escritas cando xa levaba uns anos xubilado da súa cátedra compostelá. As memorias de Ramón Otero Pedrayo reconstrúen con man de mestre os ambientes que o acubillan ao longo da súa vida. O Madrid dos anos de formación xorde destas páxinas mediante a evocación dos personaxes que o habitan, dos lugares e feitos que, atravesando as camadas da Historia, son descritos cunha vívida percepción do decurso do tempo. O senso da duración da experiencia propia e a cultura como elaboración colectiva combínanse nun alento único, o da representación do tempo vivido.
Nota: Paperestan no se hace responsable de ningún error tipográfico en las especificaciones ofrecidas por el fabricante.